CulturaCulturaÚltima hora

Unha versión cómica e en verso de “Drácula” co selo de Abubukaka, no Barco

O cuarteto teatral tinerfeño presentará este espectáculo o sábado 3 de novembro ás 20h. no Teatro Lauro Olmo
Drácula nunha das escenas desta montaxe de Abubukaka.

 

Noventa minutos para achegar un clásico da literatura de terror, con outra mirada, en clave de humor e en verso.
A compañía canaria Abubukaka, de xira por Galicia, presentará o vindeiro sábado 3 de novembro ás 20h. no Teatro Lauro Olmo do Barco a súa exitosa adaptación do “Drácula” de Bram Stoker.

Unha catedral cun órgano móbil será o escenario principal para contar a historia do conde das tebras cunha posta en escena de forma crítica, amplas doses de comicidade e cun certo aire de cabaret.

Artigos relacionados

Back to top button