ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

Unha viaxe ao espacio

Relato de Paula Basalo Vega, ganadora no premio no VIII Concurso Literario de Lingua Galega do Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños na categoría de 0 a 11 anos

Esta é a historia de dous irmáns xemelgos de oito anos. A nena chamábase Sara e o neno Pablo. Vivían en Valladolid cos seus pais. Sara tiña o poder de predecir o futuro, e Pablo aínda non descubrirá cal era o seu poder.

Un bo día marcharon nun gran cohete ó espacio, e aterrizaron nun planeta chamado Desdentón. Desdentón era un planeta grande, de cor turquesa, as flores de piruletas, a herba era un campo de caramelos e as nubes algodóns de azúcre. No medio da herba nacía unha fonte que repartía refrescos. As árbores eran alegres e de moitas cores. Había un río longo que tiña terróns de azúcre, no que se escondían un montón de animáis faladores. As casas de palla e de madeira nas que vivían familias de extraterrestres e marcianos. Pablo e Sara construiron unha casa de ladrillos e decidiron quedarse para descubrir cales eran os poderes de Pablo.
En Desdentón vivía unha bruxa chamada Greta e o ogro Puyol. Como non querían ter ós rapazes como vecinos, decidiron secuestrar a Sara e así, o seu irmán irìa a rescatala librándose dos dous. Tendéronlle una trampa a Sara. O ogro Puyol díxolle a bruxa Greta:
-Disfrázate para engañar a Sara e que veña con nos!-.

A bruxa Greta consigue facerse amiga de Sara e levala a súa nave espacial rumbo o planeta Soidade.
Nese planeta teñen un Castelo no que estivo a nena enxaulada e encadeada.

Cando o seu irmán se deu conta de que Sara estaba atrapada nese Castelo, colleu o seu cohete e foi o planeta Soidade en busca da súa irmá.

Non tardou moito xa que Desdentón e Soidade eran uns planetas veciños.
Cando chegou ó castelo viu a súa irmá enxaulada e encadeada.
Tiña que buscar o xeito de soltala!

A chave da xaula tiña a bruxa Greta nun bolsillo do abrigo.
Nun despiste no que Puyol e Greta discutían, Pablo fíxose coa chave da xaula.
Con toda a ilusión foi a soltar a súa irmá, pero encontrouse con ela encadeada. Colleu forzas e rompeu as cadeas coas suas propias mans.

Os dous irmáns montaron no seu gran cohete e regresaron cos seus pais a Valladolid.
Despois de toda esta aventura, por fin Pablo descubriu cales eran os seus poderes. Non podían ser mellores: A VALENTIA E O AMOR QUE SENTIA POLA SÚA IRMÁ XEMELGA.

Artigos relacionados

Back to top button
Close