CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Unha viaxe científica de 22.000 anos, da man de Profesor10 demates no Barco

sta charla era unha das cinco paradas de “Ciencia no Camiño”, o primeiro ciclo de divulgación científica no Camiño de Santiago. Organizado pola “Fábrica de Luz. Museo da Enerxía”

 

Divulgación científica, ben aderezada de humor e intelixencia no Barco. A partir das 19h. desta tarde Profesor10 demates, Sergio Castro, ofrecía no salón de actos do edificio multiusos do Barco unha interesante charla titulada “Vaia óso! O científico e o seu método”.

Nela facía unha viaxe no tempo e remontábase 22.000 anos atrás para referirse ao que está considerado como o primeiro elemento científico: o óso de Hishango. E apuntaba que posiblemente estivese vinculado coas mulleres, o que as convertería nas primeiras matemáticas.

Esta charla constitúe unha das cinco paradas de “Ciencia no Camiño”, o primeiro ciclo de divulgación científica no Camiño de Santiago. Organizado pola “Fábrica de Luz. Museo da Enerxía”

Sergio Castro embarcouse no proxecto “Profesor10 deMates” na súa canle de Youtube (https://youtu.be/bywAdCusreQ ) fai xa máis de catro anos, tras unha intensa experiencia como docente ensinando matemáticas, física e química.

Artigos relacionados

Back to top button