CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

“Unha viaxe no tempo”, no CEIP Manuel Bermúdez Couso da P. de Trives

Unha nova forma de entender a docencia, a educación e sobre todo un proxecto de vida

 

Educar é algo máis que memorizar contidos. É investigar, compartir, soñar, crear, rir, chorar, xogar…

“Unha viaxe no tempo” é un proxecto educativo interdisciplinar do CEIP Pluríllingüe Manuel Bermúdez Couso que busca recuperar a nosa cultura, poñer en valor a nosa lingua, buscar as nosas raíces. Para isto contamos coa memoria e a maxia dos nosos avós que nos relataron a vida de antano, a súa infancia e adolescencia. E nós como homenaxe a esa xente que traballou e que construíu un mundo para que sexamos felices, trasladámonos con 2 familias compostas por 3 adultos e 10 alumnos/as do centro á aldea de Bretelo.

Ao longo de cinco días os nenos meterónse na pel dos seus avós e viviron a vida deles ao redor dos anos 50.

 

Muxindo a vaca.

 

Muxían a vaca e a cabra para ter leite para o almorzo antes de ir a escola, cortaban leña para poder quentarse pois non había outra calefacción, lavaban coas nais no lavadoiro do pobo con auga fría da montaña, facían pan no forno de leña, labraban a horta, facían as caldeiras para o rego das fincas, os chourizos na matanza, ían a escola onde daban matemáticas, caligrafía, labores, relixión, xeografía, xogaban con xoguetes feitos por eles mesmos, collían auga da fonte para beber, comían a base de caldo, castañas, sopas de allo, ovos… a avoa Blandina contáballes contos pola noite despois da cea, fiaban, cantaban e foron felices sen a maioría das cousas que teñen hoxe en día.

 

Na lareira.

 

Recuperaron xogos tradicionais da época, puxeron en valor a nosa lingua, participaron cos seus avós, traballaron valores como amizade, a solidariedade, a vida en familia, a comunicación, valoraron cousas que hoxe en día teñen e que non as aprecian e déronse conta de que moitas outras cousas sobran. Aprenderon que as novas tecnoloxías e as redes sociais mal xestionadas son un mal para a sociedade.

Foron 5 días de convivencia na que cada un deles desfrutou ao máximo da experiencia, participando en todas as actividades sen estrés e sendo felices como o foron os seus avós que a pesar dos traballos e incomodidades sempre sacan un sorriso.

Unha experiencia única que quedará na nosa memoria grazas aos avós, aos pais e nais voluntarios, a Preciosa dona da casa, a Suseia, aos mestres e mestras voluntarios e a toda a xente que nos apoia neste proxecto.

Texto e fotos: CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso.

Artigos relacionados

Back to top button