OurenseÚltima hora

Unha viaxe pola cerámica castrexa, en San Cibrán de Las

O centro de interpretación situado ao carón deste castro, en San Amaro, acolle ata setembro unha mostra desta temática
Público visitando esta mostra no centro de San Cibrán de Las (San Amaro).
Público visitando esta mostra no centro de San Cibrán de Las (San Amaro).

Ata o vindeiro 30 de setembro poderá visitarse a exposición “A Cerámica Castrexa en Galicia: Investigación e recuperación”, instalada no do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las (San Amaro). Nela recóllese unha ampla mostra de réplicas cerámicas documentadas e representativas da produción rexistrada nos castros galegos de referencia.

Esta exposición, que se inauguraba na tarde do 17 de xullo coa presenza do conselleiro de Cultura, fórmana un total de 68 pezas que dan conta da actividade cerámica rexistrada en 22 castros de toda Galicia. É asemade o resultado final do proxecto de investigación levado a cabo pola Fundación Terra Termarum.

Artigos relacionados

Back to top button