CulturaCulturaÚltima hora

Unha viaxe polos antigos mapas de Galicia, en Verín

A Biblioteca desta localidade promove unha mostra que poderá visitarse ata o 25 de outubro na sala de exposicións do Concello

 

Propón un percorrido polos mapas de Galicia dende o século XVII ata o XX, con especial interese na comarca de Verín. Entre o 4 e o 25 de outubro a sala de exposicións do Concello de Verín acolle a exposición “Cartografía de Galicia: O rostro dun país”, organizada dende a Biblioteca de Verín en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca de Galicia.

O seu acto inaugural, que tiña lugar na tarde do 4 de outubro, contaba coa presenza do comisario da citada mostra, Francisco Domínguez Martínez (director da Fundación Penzol).

Na súa intervención facía pequeno percorrido histórico pola cartografía galega, partindo do famoso “Descripcion del Reyno de Galizia” de Fray Fernando Ojea de 1603, pasando polo “Mapa de el obispado de Orense”, delineado por D. Joseph Cornide en 1763, a “Carta Geométrica de Galicia”, levantada polo cartógrafo Domingo Fontán entre 1817 e 1834, ata chegar aos mapas militares alemáns que estes realizaron en 1940 e 1941, cando a comarca verinsa era un punto vital xeoestratégico pola presenza do volframio, tan importante no envite bélico da segunda guerra mundial.

A mostra estará aberta ao público de martes a sábado en horarios de 12:00 a 14:00 e de 17:00 ás 21:00 horas.

Fotos: Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button