OurenseÚltima hora

Unha vintena de asociacións déronse cita en Ourense no Foro Social Provincial

Manuel Baltar, Teresa Cerdeira e José Juan Cerdeira.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu hoxe, 4 de abril, o primeiro Foro Social Provincial, que organiza a Deputación de Ourense co obxectivo de “visibilzar a labor que realiza o tecido asociativo da provincia de Ourense”, sinalan dende o ente provincial. No evento participaron 24 organizacións sen ánimo de lucro distribuídas en mesas temáticas referidas a temas de inclusión e integración social, programas de apoio no rural e emerxencias básicas.

O Foro Social Provincial ten a súa orixe no Consello Social Provincial recentemente constituído, “un proxecto incluído no Plan Ourense 15-19, que nace coa vocación de xerar un espazo de diálogo e interacción das entidades que operan no ámbito social na provincia de Ourense, un ámbito que xa deu mostra da súa eficacia en canto que as achegas que se fixeron”, explicou Manuel Baltar.

O Foro contou coa asistencia de preto de 200 persoas procedentes de 24 asociacións sen ánimo de lucro e de administracións locais da provincia de Ourense. A filosofía deste encontro, pioneiro no territorio nacional, “é poñer en común experiencias e o labor que levan a cabo estas organizacións, e supón tamén un preludio do acto nacional que estamos a coordinar co Ministerio de Sanidade e que celebraremos en Ourense para poñer en valor o moito que se fai na nosa provincia no ámbito dos servizos sociais”, expresou Manuel Baltar.

O Foro pretende tamén establecer novos mecanismos de colaboración e coordinación entre as entidades sociais e os Servizos Sociais comunitarios dos 92 concellos da provincia. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou no acto que o obxectivo desta cita é “dar visibilidade ao traballo altamente profesionalizado e innovador que desenvolven as asociacións da nosa provincia, para trasladalos a diferentes ámbitos profesionais dos Servizos Sociais”.

Manuel Baltar estivo acompañado no acto pola deputada provincial de Igualdade e Ciclo de Vida, Teresa Cerdeira, e polo director da Área de Benestar da Deputación de Ourense, Jose Juan Cerdeira.

 

Artigos relacionados

Back to top button