DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unha vintena de bikers coroan o Pía Paxaro en terras de Quiroga

A ruta en BTT Épico Parteme-Pía Paxaro 2019 celebrábase o sábado 20 de xullo

Segundo o previsto, con bo tempo e mellor ánimo, 21 ciclistas participaban esta fin de semana na Épico Parteme-Pía Paxaro, aínda que eran unhas 35 persoas (amigos e familiares) as que se reunían no Foguete, o restaurante no que celebaron o xantar. Porque iso é precisamente esta ruta en bicicleta de montaña, unha reunión de amigos, unha proba non competitiva que percorre as fermosas paraxes do Courel, na que prima o compañeirismo e a amizade.

Así, en torno ás oito e medía da mañá do sábado 20 de xullo, coa equipación nova, os intrépidos bikers saían dende Quiroga rumbo ao pobo de Parteme onde os esperaba o primeiro avituallamento. “Iamos a bo ritmo continuando ata o Aalto do Boi e o último avituallamento para encarar os 10 km que separan da base do Pía Paxaro onde todos os integrantes fixemos cima, cada un ao seu ritmo”, explica Celes González, veciño de Quiroga e promotor da ruta.

 

Un momento da ruta polos montes de Quiroga.

 

Trala chegada ao cima do complicado monte lucense, chegaba o momento do descenso rumbo a Pacios da Serra. Nese punto está O Foguete, o lugar no que os ciclistas se reuniron cos familiares para desfrutar do xantar, das conversas e das risas, recuperando forzas para encarar os 20 km. dun agradable descenso por camiños laterais e o paseo fluvial. Un baño recuperador de pernas no Sil, a ducha no pavillón de Deportes cedido polo Concello e a cea de confraternidade no Mesón Os Condes, poñían o broche á 4ª edición desta peculiar ruta polos montes de Quiroga.

Tralo éxito deste ano, dende a organización xa están pensando na V edición, agradecendo a colaboración dos patrocinadores que o fixeron posible.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button