DeportesÚltima hora

Unha vintena de bikers coroan o Pía Páxaro (Quiroga)

A ruta en BTT Épico Parteme-Pía Paxaro 2020 celebrábase o sábado 18 de xullo

 

Un ano máis, o 18 de xullo celebrábase a ruta BTT Épico Parteme-Pía Páxaro (Quiroga). Foi unha ruta marcada polas altas temperaturas, chegando aos 36 graos, pero a vintena de bikers que participaban rexistraron as mellores medias de velocidade de todas as edicións.

Celes González, veciño de Quiroga e promotor da ruta explicaba que “a subida ao Alto do Boi foi fulgurante cun ritmo constante e en menos dunha hora estabamos xa no segundo avituallamiento para así encarar a pista das canteiras na que na dificultade da pedra e o polvo máis a calor, comezou a facer mella nos bikers”. Dende aí, comezaba a subida, de aproximadamente 5 quilómetros ao Pía Páxaro. A totalidade dos participantes conseguiron chegar, cunha altura de 1.610 metros.

 

O grupo de bikers na cima.

 

“A baixada foi moi bonita pera á vez perigosa polas velocidades que se chegan a acadar”, recoñecía Celes González. O premio era o xantar celebrado, coma todos os anos, no “Foguete”.

Sen embargo, aos bikers aínda lle quedaban 25 quilómetros para rematar o percorrido, pero segundo o organizador, “era case todo baixada polas beiras do Río Quiroga, e a piques de chegar démonos un baño no río”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button