ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

Unha vintena de camiñantes percorren o Camiño de Inverno entre Éntoma e A Proba, no Barco

 

Dende a ponte de Éntoma ata a igrexa da Proba, no concello do Barco de Valdeorras. É a ruta, duns 8 quilómetros que na mañá deste sábado 7 de maio está percorrendo unha trintenta de persoas.

 

Panel explicativo da Ponte de Éntoma.

 

Trátase da segunda edición da andaina cultural ‘Temos un camiño’ organizada pola Concellería de Turismo do Barco para promocionar o Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio barquense, na que tamén visitaron a adega Roandi e a Feira do Libro instalada no paseo do Malecón. Ao final da camiñada, xa na Proba e tras seguir a ruta xacobea, os participantes serán convidados a un refrixerio.

 

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button