Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Unha vintena de exposicións individuais e colectivas, na mostra “Arenteiro Fotográfico”

A inauguración terá lugar o sábado 10 de novembro ás 19h. no Hotel Arenteiro no Carballiño

Como o que esperan sexa “unha paréntese do Outono Fotográfico de Ourense” se presenta a mostra “Arenteiro Fotográfico”, unha iniciativa que nacía “en parte para curar o despropósito co OF”, en palabras do presidente de O’Potiños, Manuel Blanco, que se desenvolverá nos meses de novembro e decembro no Carballiño.

Da man da Asociación Fotográfico carballiñesa, o programa incluirá unha vintena de exposicións individuais e colectivas en dez espazos diferentes da vila do Arenteiro: o Auditorio Municipal Manuel María, o Concello, o Hotel Arenteiro, o Casino, a rúa do Paseo, o Café Peñasco, o Pazo Almuzara, o Asador Veracruz e o Café Plaza.

No mes de novembro poderán verse as seguintes obras: Medusa Pedra Nai de Tere Fernández; Puerta hacia el sudeste asiático de Beatriz Cabanelas; Fronteiras de O’Potiños; El azar encontrado de Iván Barreiro; The Fraga Family de Eutropio Rodríguez; Mosmo na rúa de Teté D. Estate e Otra puerta a la ciudad de Ana Pumar; ademais de Nuestra Mirada da Asociación Fotográfica Os Negativos.

E xa no mes de decembro poderán seguir visitándose as de O’Potiños, Eutropio Rodríguez e Iván Ferreiro, sumándose ademais Amazigh O Marrocos Bereber de Jesús Gil e Clara Lelarge; Pintando con luz da Agrupación Fotográfica Fotosíntese; Fragmentos de Alberte Pereira; Pólvora de Roberto de la Torre; e os premios Viña do Campo 2018 de Roberto García.

A inauguración terá lugar o sábado 10 de novembro ás 19h. no salón do Hotel Arenteiro no Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button