DeportesÚltima hora

Unha vintena de metais e dous récords galegos para o Adas no galego máster

Destacaban os tres ouros de Luis Nogueira en M60, así como os récords autonómicos de Manuel García
O atleta de San Vicente Luis Nogueira, durante un control no Barco./ Foto: A.R.

Chuvia de medallas para os atletas veteranos do Club Adas Barco que acudían o 16 de xuño ao XXXI Campionato de Galicia Máster en Pontevedra. Algúns deles chegaban a sumar ata tres ouros na cita como é o caso do vilamartinés Luis Nogueira en M60 que ganaba en peso, disco e, por suposto, xavelina. Tres metais acadaba tamén José Manuel Almudi en M75 con ouros en martelo e martelo pesado e unha prata en disco.

Pola súa banda, Agustín Pontevedra conquistaba o título galego en M35 nos 110 valados e na pértega, mentres José Manuel Bao era ouro nos 100 M60 e nos 200m e Manuel García Alfonso colleitaba o ouro en M75 nos 100 m e na lonxitude, xunto cunha prata en peso. Este atleta de Arcos rexistraba ademais dous novos récords galegos cunha marca de 19.95 nos 100 e con outra de 2,37 m na lonxitude.

Subíanse tamén ao podio Luis Campos Sánchez en M50 en probas como os 100m para recoller a medalla de ouro, Jesús García lograba o ouro en peso M40 e Marco Rodrigues o bronce nos 5.000 m M35, mentres que Francisco Bao era ouro en xavelina M65 e prata en disco e peso.

Este campionato galego máster estivo marcado “por unhas importantes cifras récord tanto no que atinxe a resultados, como sobre todo, ao número de participantes, que amosan a gran evolución deste colectivo nas probas de pista nos últimos anos”, tal e como se destaca dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Artigos relacionados

Back to top button