CulturaCulturaÚltima hora

Unha visita guiada abre os actos da Festa Romana de Montefurado

Celebrarase nesta fin de semana con diversos actos nesta localidade quiroguesa

Participantes na visita guiada, xunto a unha das casas de Montefurado./ Foto cedida.

 

Á beira do río Sil, Montefurado (Quiroga) é unha localidade que se asenta sobre unha antiga e espectacular explotación aurífera romana. Cunha visita polos arredores para descubrir e interpretar a historia deste lugar iniciábase na mañá deste sábado 24 de agosto o programa da V Festa Romana de Montefurado.

Os actos continuarán pola tarde, ás 18:30h., cun campionato de bolos (a inscrición terá un custe de 2 euros) na praza da igrexa. Tamén haberá obradoiros e demostracións de acuñado de moedas e de escritura romana. A partires das 21:30h. está previsto unha cea popular, tamén na praza.

Na mañá do domingo 25 de agosto farase unha exhibición de armamento romano e outro tipo de elementos relacionados co exército. Ademais explicarase como funcionaba e como era a súa función de control das minas romanas.

 

Artigos relacionados

Back to top button