OurenseSen categorizarÚltima hora

Unha visita teatralizada ao castelo e ao casco histórico de Ribadavia, unha das actividades para esta fin de semana

Terán que ver coa promoción e divulgación do seu patrimonio

 

Ribadavia celebrará esta fin de semana varias actividades relacionadas coa promoción e divulgación do seu patrimonio. A primeira delas será unha visita guiada ao Museo do Viño de Galicia, o venres 23 de agosto, con saída de Ribadavia ás 18:30 horas e volta ás 20:30 horas. Esta actividade será totalmente gratuita e terá un aforo de 30 persoas. Así, as reservas poderán  facerse na Oficina de Turismo de Ribadavia, no Museo Etnolóxico ou no propio Museo do Viño de Galicia.

Outra das actividades será o sábado 24 de agosto: “A Noite dos Condes”, unha visita teatralizada ao castelo e ao casco histórico de Ribadavia. Esta visita terá un prezo de 8 euros e un aforo máximo de 40 prazas e mínimo de 30. Así, as reservas poderán facerse na Oficina de Turismo ou chamando ao número de teléfono 617 55 79 61.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández manifestou que “a través destas actividades pretendemos difundir e dar a coñecer o rico patrimonio arquitectónico e cultural co que conta Ribadavia. Unha vila e un concello claves para entender e interpretar a historia de Galicia.”

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close