En portadaÚltima hora

Unha vivenda unifamiliar en Castromao (Río), ganadora do I Premio de Construción con Lousa do Clúster da Pizarra

El arquitecto Pablo López Prol firma el trabajo que fue valorado por un jurado compuesto por Carlos Quintáns, Begoña Llamas y Santiago López

O proxecto dunha unha vivenda familiar emprazada en Castromao, no municipio ourensán de San Xoán de Río, vén de facer co I Premio de Construción con Lousa, que convoca o Clúster da Pizarra de Galicia. Este certame nace como unha convocatoria trienal e constituíuse para poñer en valor a lousa como material referente nas edificacións sostibles e a innovación na construción. Neste sentido, o premio pretende recoñecer a lousa como un elemento fundamental na construción e un material para mellorar a habitabilidade e a sustentabilidade dos proxectos arquitectónicos.

Precisamente, o proxecto gañador emprega non só lousa na súa construción, senón tamén granito e madeira. Trátase dunha vivenda familiar, cuxo arquitecto é Pablo López Prol. Xunto a el asinan a obra como aparellador, Diego Rodríguez Val, e como colocador Gelasio Sotelo Bugallo.

“A intervención de rehabilitación levada a cabo abarca tres construcións adxacentes. O obxectivo era o de converter as antigas casas de labranza, actualmente sen uso e nun estado de deterioración avanzada nunha vivenda a través dos tres volumes orixinariamente separados. A intención, en todo momento, foi respectar os materiais tradicionais presentes nesta edificación e na súa contorna, así como as súas calidades beneficiosas, como é o caso da inercia térmica e da pedra. O cambio máis relevante foi a elección de lousa tradicional en lugar de tella, que xa de seu non era orixinal, restituíndo o acabado tradicional da construción”, segundo informa o Clúster da Pizarra de Galicia.

 

 

 

O modelo seleccionado foi lousa natural granel recortada a man en pezas de formato grande. A cuberta executouse sobre dobre rastrel de madeira aos que se fixan as pezas de lousa, rematando a cumbrera cun sistema de crista contrapeada ou cruzada a “ cumios ocultos”, típica nas construcións tradicionais da zona.

Do xurado formaron parte o arquitecto Carlos Quintáns, gañador do León de Ouro da Bienal de Venecia 2016; a directora do IES Sobradelo-Carballeda, Begoña Chamas e o Director da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña, Santiago López.

“Esta convocatoria de premios ten como obxectivo impulsar o fomento e a utilización de lousa incentivando a excelencia e a innovación; incentivar o coñecemento deste material construtivo; fomentar a investigación e a aplicación arquitectónica de novas tecnoloxías na lousa e promover o traballo de profesionais con este material construtivo”, destacan dendeo Clúster.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button