Galerías de fotos

Unha volta pola IX Feira do Viño de Monterrei

Os caldos de Monterrei convertíanse en protagonistas absolutos na fin de semana do 8 ao 10 de agosto en Verín. Esta localidade acollía na súa praza da Mercé a IX Feira do Viño desta denominación de orixe ourensá. Ademais de poder degustar os viños das dez adegas participantes no certame nesta edición, o numeroso público que visitou o recinto podía tamén desfrutar dun amplo programa de propostas, no que se incluía tamén moita música e de estilos ben diferentes, coctelería acrobática e mesmo actividades de animación para os máis pequenos.

O acto inaugural da mostra tiña lugar na tarde do 8 de agosto coa presenza de diversas personalidades da política, cultura o do mundo empresarial galego. Nel tampouco faltaron as reivindicacións, desta volta da man da Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei, contraria á construción dun hotel na parte central da fortaleza de Monterrei.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button