EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha xornada técnica analizará en Verín a importancia da castaña na montaña ourensá

Celebrarase o vindeiro 23 de setembro a partires das dez da mañá no Auditorio desta localidade e reunirá a relatores especializados neste sector

 

É un froito de outono no que se basea en gran medida a economía de moitas familias das áreas rurais e de montaña da provincia de Ourense. A castaña será o eixo temático dunha xornada técnica que se desenvolverá o vindeiro sábado 23 de setembro, ás 10:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín. Levará por título “A importancia da castaña na montaña ourensá” e nela participarán diversos relatores especializados no sector que procurarán resolver dúbidas acerca das problemáticas que están afectando a esta actividade agraria, entre elas a de pragas como a avespiña do castiñeiro, ademais de afondar nas oportunidades que supón para o rural.

A xornada está organizada polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, o Concello de Verín, Unións Agrarias, Indicación Xeográfica Protexida (IXP) da Castaña de Galicia, a Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER) e o Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, en colaboración cos Concellos de Monterrei, Riós, Castrelo do Val, A Gudiña, A Mezquita, Cualedro, Oímbra, Vilariño de Conso, Laza e Vilardevós.

A entrada a este encontro será gratuíta ata completar aforo e pode recollerse nas entidades organizadoras e nos Concellos colaboradores.

PROGRAMA

10h Recepción dos/as participantes
Entrega de información

10.15h Apertura da xornada – Presentación
Autor: Gerardo Seoane Fidalgo (Alcalde do Concello de Verín)
José Paz Paz (Representante do C.D.R. Portas Abertas)

10.30h Ponencia científica: “Pragas e enfermidades da castaña”
Autor: J. Pedro Mansilla Vázquez
(Doutor Enxeñeiro de Montes – Estación de Fitopatoloxía do Areeiro)

11.10h “Medidas de apoio ao sector dende a administración”
Autor: Tomás Fernández – Couto Juanas
(Director Xeral de Ordenación Forestal – Consellería de Medio Rural)

11.40h Pausa – Café

12h “Medidas de apoio ao sector presentes na zona – Centro de Desenvolvemento Agroforestal do Riós”
Autora: Nuria Sánchez Limia
(Enxeñeira T. Agrícola – Técnica do Centro de Desenvolvemento Agroforestal do Riós)

12.15h Mesa redonda: “Problemáticas do sector, oportunidades e posibles solucións”
Introdución: “Certificacións e inscrición na IXP da Castaña de Galicia”
Autor: Manuel López Pérez (Secretario da IXP da Castaña de Galicia)

Participantes na mesa redonda:
Jesús Quintá García (Presidente da IXP da Castaña de Galicia)
María Páez Pérez (Representante de Unións Agrarias)
José Domingo Gómez Fidalgo (Representante da comercialización)
María Soledad Ceballos Ogando (Representante da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia (Proagrosilga))
Nuria Sánchez Limia (Representante do Centro de Desenvolvemento Agroforestal do Riós)
Moderadora: Tamara Balboa García do C.D.R. Portas Abertas

13.30h Clausura – Despedida
Autores: Jesús Quintá García (Presidente da IXP da Castaña de Galicia)
Roberto García González (Secretario Xeral de Unións Agrarias)
Ángeles Vázquez Mejuto (Conselleira do Medio Rural)

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close