EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Unhas 1.500 persoas desfrutan da X Convivencia nas Adegas de Oval (Rubiá)

Ata a madrugada se prolongaba a música e o ambiente festivo dunha multitudinaria décima edición da Convivencia nas Adegas de Oval (Rubiá). Unhas 1.500 persoas, segundo os datos facilitados dende a organización, sumábanse a esta celebración na tarde do 18 de agosto.

Unhas trece adegas abrían as súas portas dende as sete da tarde ofrecendo viños e variados e deliciosos petiscos aos numerosos visitantes, que recibían unha cunca de barro para facer o percorrido, amenizado polo ritmo dunha charanga. Xa pola noite, tiña lugar o reparto de roscas e a celebración concluía ao ritmo da música da disco Boa Festa, na praza da localidade.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button