En portadaGalerías de fotosSanidadeÚltima hora

Máis de mil persoas percorren A Rúa para pedir un novo centro de saúde e defender a sanidade pública

 

A partir das 16:30h. deste sábado 1 de febreiro poñíase en marcha unha manifestación na Rúa para pedir un novo centro de saúde para este municipio e para defender a sanidade pública na comarca. A marcha partía precisamente dende o centro de saúde actual e, tras percorrer o centro da vila en medio de consignas como “A Rúa ten memoria, 20 anos de historia”, “Escoita, pelexa, Valdeorras non se pecha” ou “Aquí como en Verín, todos xuntos ata o fin”; finalizaba na praza do Concello da Rúa onde  unha veciña daba lectura a un manifesto.

Unhas 1.500 persoas participaban nesta manifestación, entre elas había unha representación da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, así como deputados galegos como  Davide Rodríguez (En Marea), a socialista Noela Blanco (PSdeG.PSOE) ou Noa Presas (BNG), así como deputados provincias como o socialista Aurentino Alonso, concelleiros rueses do partido socialista e do BNG, ademais de alcaldes e concelleiros doutros municipios de Valdeorras.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-rua-ten-memoria-20-anos-desta-historia/

Vídeos:
https://osil.info/a-manifestacion-da-rua-en-videos/

Artigos relacionados

Back to top button