DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 14 persoas fórmanse en orientación en montaña da man do Club Montañas de Trevinca

Gran acollida da actividade formativa que desenvolvía os días 14 e 15 de setembro o Club Montañas de Trevinca. Un total de 14 persoas chegadas dende diferentes puntos de Galicia, así como de Cantabria e ata de Portugal participaban nas “Xornadas Técnicas de Montaña e GPS”, promovidas por esta entidade deportiva en Vilanova de Trevinca (A Veiga).

“As prazas eran inicialmente 12 pero ampliámolas a dúas persoas máis, aínda así quedou xente fóra pola demanda que había. Falamos de actividades cun ratio reducido de prazas para que se axusten ao material e para que a formación resulte efectiva”, indican dende a organización.

Ademais das sesións teóricas, as xornadas tiñan un gran compoñente práctico con actividades que se realizaban nas proximidades do Pico Maluro, Vilanova e Ponte (A Veiga).

Fotos cedidas polos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button