OurenseÚltima hora

Unhas 140 nadadoras participarán no campionato galego de natación artística, en Ourense

Organizado polo Club Sincro, celebrarase o 16 e 17 de xuño na piscina Rosario Dueñas
Figura a cargo dunha nadadora do Club Sincro Ourense.

A piscina Rosario Dueñas (Pavillón dos Remedios) de Ourense acollerá a vindeira fin de semana (16 e 17 de xuño), o campionato galego de verán de natación artística, unha cita que convoca a 140 deportistas galegas, e na que as representantes do club Sincro Ourense, o anfitrión, serán maioría (30).

No campionato participarán sete clubs de toda Galicia. Ademais do Sincro Ourense, estarán Sincro Ferrol, Sincro Pontevedra, Porta Miñá de Lugo, Galacio Sincro de Pontevedra, Sincro Rías Baixas e Real Club Náutico de Vigo. En canto ás categorías, haberá desde alevín (9 anos) ata sénior (+18), e as modalidades de competición serán só libre, só técnico, dúo libre, dúo técnico, rutina de equipo libre e rutina de equipo técnico.

A competición será a antesala do campionato de España alevín e júnior que se celebrará en Ourense no mes de xullo, e para o que se irán preparando as rutinas que se estreen no galego. En total, segundo a técnica do club Elvira Alonso, serán 82 as rutinas que se desenvolvan na fin de semana, 17 delas a cargo das ourensás.

 

Cartel do campionato galego de natación artística.

Artigos relacionados

Back to top button