En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 140 persoas retan ás altas temperaturas na carreira e andaina de San Xoán, no Barco

A dobre proba atlética, celebrada na tarde do 23 de xuño, estivo organizada polo Concello

Correndo e andando. Eran as dúas posibilidades que tiñan as 140 persoas (entre nenos e adultos) que na noite de San Xoán (23 de xuño) participaban na IV edición da carreira e andaina popular organizada polo Concello do Barco de Valdeorras.

Nunha das tardes máis calurosas do ano, os maiores percorreron un circuíto duns 4,5 quilómetros con saída e meta na praza de Viloira (pasando por lugares como O Salgueiral ou O Malecón), mentres que os máis pequenos completaban un circuíto adaptado para eles, no entorno da Casa Grande.

A recompensa ao esforzo, acentuado polas altas temperaturas, tiña lugar ao rematar a proba: unha boa ración de panceta á grella e o sorteo de agasallos, acompañados de música.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button