ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 150 persoas asisten á V Festa do Botelo do Barco en Vigo

O xantar iniciábase arredor das dúas deste sábado 9 de marzo no restaurante do Hotel Coia da cidade olívica

Apenas dous meses despois da multitudinaria cita no Barco de Valdeorras e un un mes máis tarde da exitosa edición na Coruña, o Botelo volve conquistar os padais desta volta no salón do Hotel Coia de Vigo. Arredor de 150 persoas asisten á V Festa do Botelo do Barco, declarada de Interese Turístico de Galicia, na cidade olívica neste mediodía de 9 de marzo.

O acto iniciábase coa intervención do alcalde do Barco, Alfredo García, acompañado polo rexedor vigués Abel Caballero e tamén pola concelleira de Cultura barquense, Margarida Pizcueta. Ademais producíase un intercambio de agasallos e, seguidamente, dábase paso ao xantar.

O menú, cun prezo de 28 euros, inclúe empanada de maravallas, sopa de cocido, botelo e chourizos con repolo e cachelos, ademais de torta de roxóns e bica, na sobremesa. Estes pratos irán acompañados por viños da Denominación de Orixe Valdeorras, café e augardentes. O xantar remataba con música e baile.

Fotos: Jesús Dorado Noya.

 

O alcalde do Barco, Alfredo García, servindo ao rexedor vigués Abel Caballero.

Artigos relacionados

Back to top button