EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 150 persoas asisten ao magosto organizado pola Asociación de Veciños de Vilela

Na festa degustáronse 50 quilos de castañas asadas

Un ano máis era Vilela quen pechaba o ciclo de magostos no concello da Rúa. Na tarde-noite do sábado 11 de novembro, unhas 150 persoas asistían á festa outonal organizada pola Asociación de Veciños de Vilela.

Na praza da Aira, os asistentes degustaron unha boa merenda na que se utilizaron 50 quilos de castañas recén asadas, 150 bolos preñados, 8 empanadas e 8 bicas, ademais de viño a esgalla, café e licores.

Coman sempre, trala cea á que asistiron veciños de todas as idades, a música puxo o broche á festa.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button