Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Unhas 150 persoas, na charla informativa da Plataforma Sanitaria en Vilamartín

Continúan os encontros informativos sobre a reforma da Lei de Saúde de Galicia que os representantes da Plataforma Sanitaria de Valdeorras están a manter cos veciños dos diferentes concellos do oriente orensán. O último tiña lugar na tarde do 20 de setembro no Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín. Á charla acudían unhas 150 persoas persoas que enchían o local.

No acto interviñan representantes da Plataforma Sanitaria de Valdeorras como o seu voveiro, Orlando Saavedra, quen explicaba en qué consiste o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia e as consecuencias que terá para Valdeorras, tendo en conta que contempla a desaparición da área sanitaria do Barco. Tamén tomaban a palabra membros da Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras, como é o caso de Suso Vilasánchez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button