DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 150 persoas participan no XXVIII Día da Bici, na Pobra de Trives

A actividade reuniu a nenos, pais e avós para percorrer as rúas da localidade

Tamén na Pobra de Trives se deixaba sentir o intenso calor esta fin de semana, pero iso non impedíu que o Día da Bici, que vai xa pola XXVIII edición, volvese ser todo un éxito.

En torno aos 150 participantes entre grandes e pequenos sacaron as bicis a pasear polas rúas de Trives na mañá do domingo 5 de agosto. Unha actividade “moi familiar que cada ano nos deixa imaxes de pais e nais, nenos e nenas e avós e avoas, desfrutando do deporte xuntos, facendo desta unha tradición nos veráns triveses”, aseguran dende o Concello.

A saída foi ás 12 da mañá dende a praza de Abastos con dous percorridos distintos: un de 500 metros aproximadamente para os pequenos de ata os 9 anos; e outro de algo máis de 3 quilómetros para o resto.

Como cada ano, sorteáronse dúas bicicletas entre os participantes e os gañadores foron: Kaloyan Ivanov Atanasov (Koko) na categoría de 0 a 9 anos e Tony Rodríguez na categoría de 10 anos en adiante, premios que foron entregados polo alcalde Domingo Diéguez.

Na organización, Belén Corbacho e Tino Sierra, coa inestimable colaboración da Policía Local e Protección Civil da Pobra de Trives.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button