DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 160 persoas celebran o San Xoán no Barco camiñando ou correndo

Dende a praza de Viloira partía na tarde do 23 de xuño a quinta edición desta andaina popular, e tamén carreira, de 6,3 km

Con saída e meta na praza de Viloira, a Carreira e Andaina de San Xoán do Barco vén de cumprir cinco edicións. Unhas 160 persoas sumábanse na tarde do domingo 23 de xuño a esta cita deportiva organizada pola Concellería de Deportes do Barco.

A proba contaba con dous circuítos sinalizados e os primeiros en tomar a saída eran os cativos (menores de 7 anos), ás 20:30h. Logo dábase a saída aos camiñantes e corredores do circuíto de 6,3 km. Tras completar o percorrido, había sorteo de agasallos para todos e tamén unha pancetada na mesma praza, ademais de premios especiais (medallas para os máis pequenos e premios á familia máis numerosa e ao club con máis deportistas”.

Coa organización do evento tamén colaboraba Protección Civil do Barco e de Petín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button