En portadaÚltima horaXIX Feira do Viño de Valdeorras

Unhas 17 adegas participarán na XIX Feira do Viño de Valdeorras

Este evento celebrarase na fin de semana do 16 e 17 de xullo na praza de Viloira (O Barco)
O presidente do CRDO Valdeorras, Francisco García, durante a rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente do CRDO Valdeorras, Francisco García, durante a rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cun chamamento á unidade de “todo o sector do viño de Valdeoras” comezaba o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García, o acto de presentación do programa da XIX Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará os días 16 e 17 de xullo na praza de Viloira (O Barco). “Se somos capaces de deixar atrás as diferenzas, iso redundará en que o prestixio dos nosos viños medre no mundo enteiro”, engadía.

O presidente da denominación anunciaba en rolda de prensa, xunto ao alcalde do Barco, Alfredo García, que na mostra teñen confirmada a súa participación 17 adegas, se ben “podería haber tres ou catro máis”. O certame inaugurarase o 16 de xullo ás 12:30h. nun acto no que se espera a presenza da conselleira do Medio Rural. Francisco García tamén adiantaba as diferentes actividades incluídas no programa como a cata profesional “aberta por primeira vez a todas as adegas da denominación e non só ás da feira”, unha cata con xurado popular e diversas actuacións musicais, inchables e actividades infantís, así como, por segundo ano, o tren “Valdeorras expreso”.

O presidente do CRDO Valdeorras co alcalde do Barco, na presentación do programa da feira do viño./ Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente do CRDO Valdeorras co alcalde do Barco, na presentación do programa da feira do viño./ Foto: Carlos G. Hervella.

Pola súa banda, o alcalde do Alfredo García, destacaba o que o viño valdeorrés está “catalogado como un dos mellores do país” e insistía en apelar “á unidade do sector e a traballar xuntos para que ese lugar punteiro que ocupa o viño de Valdeorras siga medrando día a día” e que “sexa un referente económico importante”.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel de xullo do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button