ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 18 persoas fórmanse en economía social no Barco

Esta xornada informativa, promovida por AEVA e pola CEO, desenvolverase ao longo do 21 de setembro e incluirá visitas a cooperativas de Valdeorras

Ao redor do cooperativismo e da economía social xirá a xornada informativa que se imparte dende ás dez desta mañá no Centro de Formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA). Nela participan unhas 18 persoas que están a realizar dinámicas para descubrir as diferenzas entre as posibles fórmulas xurídicas da economía social e as que están fóra dela ou para a creación dunha entidade propia de economía social.

Logo farase unha visita á adega cooperativa Xesús Nazareno do Barco e durante a tarde haberá unha nova saída, en concreto, coñeceranse as instalacións de Mel “Montañas de Trevinca” no concello da Veiga.

Esta acción “info-formativa” está promovida por AEVA e pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO). Con ela preténdese “facer unha aproximación á realidade das entidades de economía social, descubrindo o potencial que teñen como xeradoras de emprego e autoemprego e ofertantes dunha calidade de traballo superior a outras alternativas”, segundo as entidades organizadoras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button