En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 20 persoas fórmanse en enoturismo en Valdeorras

Entre o 11 e o 21 de xuño impártirase no Centro de AEVA no Barco un curso sobre creación, promoción e comercializacióin de produto enoturístico da man de Mercedes González

Coñecer o mundo do turismo enolóxico dende o punto de vista da oferta e diferencialo doutros tipos de turismo, aplicando estratexias de posicionamento do produto enoturístico e promovendo a creatividade na creación do mesmo. É un dos obxectivos que se perseguen co curso “Creación, promoción e comercialización de produto enoturístico” que comezaba a desenvolverse no centro de formación de AEVA no Barco na tarde do 11 de xuño.

Unhas vinte persoas asisten a esta acción formativa que imparte a sumiller e asesora Mercedes González e que se prolongará ata o vindeiro 21 de xuño, o que suporá un total de 34 horas de duración. “Trátase de xerar unha bolsa de profesionais capacitados para cubrir os postos que demanda o sector do enoturismo, que comprendan o funcionamento dos destinos e estruturas turísticas e que desenvolvan estratexias de comunicación co uso das novas tecnoloxías”, segundo AEVA.

O curso abordará temáticas como o turismo enolóxico, o perfil do turista, as principais canles de distribución deste tipo de turismo, a comunicación en relación con este sector e o uso das novas tecnoloxías ou o produto enoturístico (concepto e tipos), entre outras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button