ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 200 persoas desfrutan da III Festa do Cocido Ribeira Sacra en Abeleda (A Teixeira)

 

Arredor das 14:30h. comezaba a servirse o menú da III Festa do Cocido Ribeira Sacra en Abeleda (A Teixeira). Esta celebración gastronómica reunía neste 15 de febreiro as unhas 200 persoas na carpa instalada á entrada desta localidade.

Este xantar, servido por Mantesil, estaba composto por: sopa de cocido; cocido completo; bica; viño; pan; café e chupitos. Ademais non faltaba o acompañamento musical do grupo Airiños de Castro Caldelas.

Lonxe de rematar coa comida, a festa continuaba pola tarde coa actuación musical e o sorteo das rifas, e xa pola noite, tamén haberá baile a cargo da orquestra Charleston Big Band que dará un primeiro pase entre as 22 e ás 23 horas.

No momento do descanso e por xentileza da asociación, haberá un pequeno tapeo a base de empanada, de balde para os asistentes. A orquestra subirase de novo ao escenario a partir da unha da madrugada para amenizar a sesión verbena.

Esta III Festa do Cocido Ribeira Sacra está sendo organizada pola Asociación Val de Abeleda coa colaboración do Concello da Teixeira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button