ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 200 persoas participan na IV Xuntanza Veciñal de Solbeira (Viana)

Ademais de actividades lúdicas e de lecer, este encontro incluía un xantar, unha cea e baile na xornada do 12 de agosto

A Asociación de Veciños San Adrián de Solveira vén de organizar o 12 de agosto nesta localidade do concello de Viana do Bolo a súa cuarta Xuntanza Veciñal cunha asistencia de 200 persoas. Na organización deste encontro contaban ademais coa colaboración da Deputación de Ourense, do Concello de Viana do Bolo, Gadis, Aceites Abril e Seritec.

“Esta actividade, que está dentro da programación que a entidade ten para o 2018, ten como obxectivo a promoción do desarrollo rural, destacando a importancia das relacions veciñais nas aldeas”, explican dende a asociación.

Ademais resaltan que esta xuntanza comezaba cunha “comida de 60 veciños e nesta cuarta edición imos cunha asistencia de 200 participantes, onde maiores e cativos desfrutaron de comida, cea, baile, actividades lúdicas e de lecer para os mais pequenos (inchables, xogos tradicionais, maquillaxe, etc), sorteos e premios”.

Tamén subliñan que esta asociación desenvólvese “nunha aldea de 30 veciños e conseguir esta participación é todo un logro”.

Fotos: A VV San Adrián de Solveira.

Artigos relacionados

Back to top button