Unhas 200 persoas reúnense para saborear a II Festa do Cocido da Ribeira Sacra

Esta celebración gastronómica comezaba arredor das dúas da tarde deste 12 de xaneiro na praza da Abeleda (A Teixeira)

Bo xantar, viño da Ribeira Sacra, música, sorteo e agasallos. Son algúns dos ingredientes da Festa do Cocido da Ribeira Sacra, que na súa segunda edición vén de reunir a unhas 200 persoas neste sábado 12 de xaneiro na Abeleda (A Teixeira). A celebración comezaba en torno ás dúas da tarde na carpa climatizada instalada na praza desta localidade.

Servíase un menú a base de sopa de cocido, un abondoso cocido, acompañado de pan, viño Adega Vella e Peza do Rei, auga, sobremesa, café e chupito ao prezo de 19 euros para os adultos e de 10 euros para nenos de 9 a 14 anos.

Entre os comensais había moitos de diferentes partes da provincia de Ourense, pero tamén doutros puntos de Galicia como A Coruña, Ferrol e Vigo. Esta festa está organizada pola Asociación Val de Abeleda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies