DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 22 persoas participan no IV Campionato de Billarda de Trives

Esta actividade lúdica e deportiva forma parte do programa da X Mostra de Patrimonio Inmaterial que organiza na vila nesta segunda fin de semana de agosto A Caniceira

A Finca da Barreira convertíase no mediodía do 11 de agosto en escenario do IV Campionato de Billarda de Trives. Nel tomaban parte uns 8 nenos e 14 maiores en diversas categorías. Ademais dese total de xogadores doce eran mulleres.

A competición contaba con diversos premios: dous para nenos de ata 11 anos, dous para a categoría feminina e outros tantos para a masculina. Ademais establecíase un premio para o campión absoluto. A proba desenvolvíase con moita deportividade e humor nunha mañá calurosa en Trives.

Esta proba forma parte do programa da X Mostra de Patrimonio Inmaterial que organiza na vila nesta segunda fin de semana de agosto A Caniceira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-feira-de-artesania-abarrota-o-casco-antigo-de-trives/
https://osil.info/os-ix-cantos-de-taberna-enchen-os-bares-triveses/

Artigos relacionados

Back to top button