ConcellosLaroucoÚltima hora

Unhas 220 persoas desfrutaban dunha animada XV Festa do Cordeiro de Larouco

 

Malia que non puido ser na rúa Comercio, a XV Festa do Cordeiro de Larouco, que se trasladaba ao interior do pavillón municipal, resultaba todo un éxito. Unhas 220 persoas congregábanse en torno á mesa nesta celebración, organizada polo Concello de Larouco. Nela exaltábase este saboroso produto da terra nunha cea moi animada, na que o ritmo musical poñíano Os Bertolini de Manzaneda e a Charanga Europa. Ademais, no interior do pavillón instalábanse colchonetas de balde para os máis cativos.

O delicioso menú, cun prezo de 20 euros/persoa (agás no caso de nenos ata 10 anos, que pagaban 10 euros), incluía entremés, empanada, cordeiro con ensalada, sobremesa, café e chupito.  Non faltaba tampouco o viño, de Ladeira Sagrada (adega de Larouco).

 

 

A empanada, o pan e a bica que se servía foron elaborados pola Panadería O noso capricho de Larouco. Os cordeiros eran tamén dun produtor natural de Larouco, o responsable de Carnicería Nogueira.

“Todo saiu moi ben, resultou moi ameno coa música dos Bertolini e a Charanga Europa. E, coma sempre, o traballo de Mantesil (que se encargou de montaxe e de servir o menú) foi inmellorable”, destacaba a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

Entre os asistentes a esta cea estaban os alcaldes de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; do Bolo, Manuel Corzo; da Rúa, Álvaro Fernández; de Manzaneda, Amable Fernández; de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez; así como o da Veiga, Juan Anta; e a xerente do Inorde, Emma González.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button