EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unhas 240 persoas participan na presentación da D.O. Monterrei no Casino de Madrid

 

A acción promocional da Denominación de Monterrei no Casino de Madrid, a primeira realizada fóra de Galicia neste ano, vén de congregar a 240 asistentes, entre os que se atopaban socios da entidade, catadores, representantes do sector de restauración e de medios de comunicación especializados.

Ao longo de toda unha tarde, os asistentes a esta iniciativa, realizaron unha viaxe visual, olfativa e gustativa polo territorio de Monterrei a través dos tintos e brancos da denominación. Ademais, coñeceron de primeira man a tradición e historia vitivinícola da zona, peculiaridades edafoclimáticas, variedades de uva e tipoloxía de viños, ademais de elaboracións ou a importancia dos lagares rupestres, entre outras cuestións. Así mesmo, nesta viaxe puideron catar viños elaborados por adegas embotelladoras da Denominación de Orixe Monterrei.

Nesta ocasión, as adegas participantes nesta iniciativa foron: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Nesta acción promocional, celebrada por quinto ano consecutivo no Casino de Madrid, participaron Francisco Jiménez Martínez (responsable de eventos relacionados co viño do Real Casino de Madrid), María Isabel Mijares e García Pelayo (enóloga, escritora e divulgadora o mundo do viño; experta en Análise Sensorial; directora e xurado de numerosos concursos nacionais e internacionais), José Manuel Vermello González (director de 5 Rosas Gourmet), José Valdearcos Cabrera (Parador Alcalá), Julio Lage (presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid), Lara Zhang (Exportación), Rosa Román Fernández (presidente de Chaîne deas Rôtisseurs España), Ana Zang (Exportación), Begoña Alejandra Xato Camaño (directora de Madrid In& Out), Carlos Zhou (Exportación), Gregoria Nivel Pallerés (director de Harmonías de Catadora), José Luis Hernández (director de Pequenas DO’ s) ou Xusto García (Radio Liberdade FM), entre socios da entidade, catadores, representantes do sector de restauración e de medios de comunicación especializados.

Artigos relacionados

Back to top button