Galerías de fotosÚltima hora

Unhas 250 persoas asisten á pancetada en Vilamartín

A merenda-cea foi organizada pola Asociación de Coveiros desta vila valdeorresa

Pasadas as oito da tarde do sábado 10 de decembro, os membros da Asociación de Coveiros de Vilamartín de Valdeorras afanábanse cos preparativos para a pancetada e chourizada que tiña lugar media hora máis tarde na praza José Luis Núñez.

Na galería de imaxes poden verse diferentes momentos da previa á merenda ao son da música que soaba na praza: atizando o lume, salando e colocando a panceta sobre as grellas,  cortando o pan,… Ao final, asistiron unhas 250 persoas e todo saíu ben “malia o frío”, aseguran dende a asociación. A entrada custaba 2 euros, agás para os membros da asociación que era de balde.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button