En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 260.513 persoas poderán votar neste 28 de abril na provincia de Ourense

Nela constituíanse un total de 542 mesas electorais. No primeiro avance de participación rexístrase un incremento de máis de 3 puntos con respecto aos anteriores comicios

 

Con total normalidade constituíanse as 542 mesas electorais da provincia de Ourense nesta mañá. Nelas poderán exercer o seu dereito ao voto un total de 260.513 ourensáns. Un 37,87% deles xa o fixeron antes das 14h, hora na que se facía público o primeiro avance de participación. A provincia rexistra ademais un incremento de máis de 3 puntos na participación con respecto aos anteriores comicios do 2016, nos que nesa franxa temporal votaba un 34,73% do total de electores.

Tamén Galicia se rexistra un incremento na participación que pasa do 34,07% do 2016 ao 36,97% desta convocatoria.

 

Artigos relacionados

Back to top button