En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 260 persoas camiñan e corren en Rubiá “contra o cancro infantil”

A II andaina e trail solidaria desta localidade desenvolvíase cunha notable participación neste domingo 9 de xuño

Dende a praza da Baicela de Rubiá poñíase en marcha a II Andaina e Trail de Rubiá polo cancro infantil na mañá deste domingo 9 de xuño. Unhas 260 participaban nesta cita deportiva e solidaria cuxa recadación vai destinada a Asociación Española contra o Cancro (AECC).

 

 

Tras a recollida dos dorsais, os primeiros en tomar a saída eran os participantes da andaina, a gran maioría dos inscritos, ás dez da mañá. Media hora despois facíano tamén dende a citada praza a vintena de corredores do trail.

Esta proba benéfica, entre cuxos participantes estaban tamén membros da directiva da AECC en Valdeorras, está organizada polo Concello de Rubiá e polo Grupo de Espeleoloxía e Montañismo Águilas Verdes. Coa organización colaboraban a Garda Civil e Protección Civil.

Despois da proba estaba previsto un xantar no pavillón para todos os participantes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button