En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 300 persoas camiñan e corren “contra o cancro” na Rúa

Esta proba solidaria desenvolvíase na mañá do 5 de maio, promovida polo Club Atletismo Rúa

Coa saída dos camiñantes dende a estación de autobuses da Rúa, poñíase en marcha ás 11:30h. deste 5 de maio a V Carreira e Andaina contra o Cancro da Rúa. Esta cita popular, promovida polo Club Atletismo Rúa coa colaboración do Concello, contaba nesta edición cunha inscrición de máis de 300 persoas, entre andaríns, atletas e dorsal 0. 

Momentos antes de dar a saída da andaina, o doutor valdeorrés Jesús García Mata, xefe do servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Universitario de Ourense (CHUO), padriño da proba, poñía en valor este tipo de iniciativas solidarias de cara a concienciar e loitar contra esta enfermidade.

Media hora despois era o turno dos corredores, que tamén partían da estación de autobuses, tendo por diante un percorrido de 8.500 m. A partir das 12:40h. comezaban as probas das categorías menores.

O custe da inscrición era de 10 para maiores de 16 anos e de 5 euros para os menores de 16. O recaudado será doado á delegación da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button