EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 300 persoas sumábanse ao IV Viñotapeo de Quereño

A partires das oito da tarde do 9 de xuño un grupo de mozos percorría as rúas de Quereño nun tractor para ir abrindo con este xesto cada unha das nove adegas da cuarta edición do Viñotapeo nesta localidade de Rubiá. Ao mesmo tempo, o pobo comezaba a encherse de persoas que, tras mercar a sú entrada, recibían unha taza e un obsequio para facer este circuíto festivo no que podían degustar viños (tintos e brancos) xunto deliciosos e moi variados petiscos, tanto quentes como fríos. Entre eles había empanada, patacas ao alioli, costela guisada, lacón con pemento e ovo, chourizo á sidra, sopas de allo, bocadiños de panceta e queixo, albóndigas, volovanes recheos de cogomelos e queixo, flamenquines e costela con patacas.

Desta volta podían visitarse as adegas dos barrios do Regueiro, A Currelada, o Quintairo I, o Quintairo II, a do Barrio da Igrexa, As Cortiñas, A Tejera e outras dúas no barrio da Estación. Unhas 300 persoas facían este peregrinar festivo por Quereño. Ao redor das once da noite comezaban a pechar as adegas e a festa trasladábase á pista polideportiva, onde se servía bica e café. Había ademais moita música da man dunha charanga leonesa que tamén animaba o traxecto entre adega e adega.

Este IV Viñotapeo ten sido organizado pola Comisión de Festas de Quereño en colaboración cos veciños deste pobo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button