EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 350 persoas asisten á VI edición da Festa do Botelo na Coruña

O xantar celebrouse no restaurante Árbore da Veira, no Monte de San Pedro

O botelo segue triunfando dentro e fóra de Valdeorras. e mostra diso é exitosa VI edición da festa gastronómica que se desenvolvía este sábado na Coruña.

Segundo a organización, unhas 350 persoas asistían ao xantar celebrado no restaurante Árbore da Veira, no Mirador de San Pedro. A festa comezou en torno ao mediodía coa recepción dos comensais e a continuación tiña lugar a degustación, coa tradicional sopa do cocido e a típica empanada de maravallas como entrantes. De seguido chegaba o prato principal: o botelo con cachelos, chourizos e repolo, completando o menú a bica. Para beber, viño branco de godello da adega D´Berna e tinto da adega Roandi, así como os augardentes de Godeval.

Entre os asistentes ao xantar, organizado polo Concello do Barco e coordinado polo barquense José Ángel Rodríguez Delgado, estaban o alcalde do Barco Alfredo García, a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta e o delegado do goberno en Galicia Javier Losada (ex alcalde da Coruña).

A festa, de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014, celebrou o pasado día 19 de xaneiro a XIX edición no Barco con máis de 1.300 comensais só no pavillón de Calabagueiros. Agora continúa a súa promoción fóra das terras valdeorresas e ademais do xantar de hoxe na Coruña, xa se está preparando a V edición do de Vigo que se celebrará o día 9 de marzo.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-botelo-do-barco-afianzase-na-coruna/

Artigos relacionados

Back to top button