En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 400 persoas asisten á Festa do Cordeiro en Larouco

A XIII edición da cita gastronómica tiña lugar no mediodía do 12 de maio

Un ano máis e xa van trece, o cordeiro volveu ser o protagonista da festa gastronómica celebrada en Larouco este sábado 12 de maio, unha cita que reuníu no pavillón polideportivo da localidade, a unhas 400 persoas.

Pasadas as dúas da tarde arrancaba unha nova edición da Festa do Cordeiro, na que os asistentes, chegados dende diferentes puntos da comarca, deron boa conta do menú a base de entremeses variados e o suculento cordeiro asado no forno O Noso Capricho con ensalada, ademais de bica. Un menú servido por Mantesil.

Coma sempre, entre os asistentes estaba o alcalde de Larouco, Joaquín Bautista e o concelleiro Alberto Méndez, ademais doutros alcaldes da comarca como o da Veiga Juan Anta e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

O apartado musical correu, un ano máis por conta da discoteca móbil Danzalia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button