OurenseÚltima hora

Unhas 400 persoas participarán mañá na VII marcha cicloturista BTT “Cidade de Ourense”

A proba, non competitiva ofrece rutas de 40, de 70 e de 120 quilómetros

A sétima marcha cicloturista Cidade de Ourense, que se celebra mañá domingo 3 de xuño con saída e meta no Pazo dos Deportes Paco Paz, ofreceralles aos afeccionados á bicicleta de montaña (BTT) tres rutas de 40, de 70 e de 120 quilómetros respectivamente.

As rutas percorrerán os concellos de Ourense, Barbadás, Toén, Cartelle, A Merca, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Celanova e Quintela de Leirado, e prevese unha participación de 400 persoas, segundo as estimacións do Clube Ciclista Dúas Rodas, organizador da proba co apoio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e da Deputación Provincial.

Os organizadores destacan o espírito lúdico da proba xa que se trata dunha marcha non competitiva, aberta a persoas maiores de 16 anos, na que o importante, e desta vez con maior motivo, é participar, gozar do ambiente e ser feliz sobre dúas rodas.

A novidade desta edición será a entrega dunha camisola técnica para a práctica do ciclismo valorada en 55€. Toda a información sobre inscricións e sobre as rutas, neste enlace.

Artigos relacionados

Back to top button