DeportesÚltima hora

Unhas 50 persoas participan na I ruta turístico-cultural de Vilariño de Conso

A marcha, organizada polo Concello en colaboración con CeltAventura, fíxose en moto e quad
Participantes na ruta turística e cultural por Vilariño de Conso. /Foto cedida.
Participantes na ruta turística e cultural por Vilariño de Conso. /Foto cedida.

Pechando o mes de outubro, o municipio de Vilariño de Conso acollía a I ruta turístico-cultural que contou coa asistencia de medio cento de persoas.

Ao longo da xornada do sábado día 29, os participantes (en moto e tamén en quad) disfrutaron das fermosas paraxes do concello, pasando por lugares como Vilariño, Sabuguido, Edrada, San Mamede, Pradoalbar, Encoro do Cenza, Mormentelos ou o Encoro do Vao.

Organizado polo Concello en colaboración con CeltAventura (Polaris Ourense), a ruta tiña un percorrido duns 70 quilómetros, e o programa incluía almorzo, xantar, visitas ao Museo Entográfico e ao Centro de Inerpretación dos Cogumelos, cea e festa popular.

 

Unha das paradas durante o percorrido. /Foto cedida.
Unha das paradas durante o percorrido. /Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button