EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 500 persoas asisten á XIV Festa da Soá na Veiga

Despois do frío pasado durante o desfile, nada mellor que unha sopa ben quente para entrar en calor. Ese foi o primeiro prato do menú que puderon degustar as 500 persoas que asistían á XIV edición da Festa da Soá, celebrada no mediodía do Martes de Entroido na Veiga. Entre eles todos os participantes no desfile e tamén veciños da vila e contorna, así como autoridades políticas, co alcalde (e deputado provincial), Juana Anta, á cabeza.

Celebrado no pavillón deportivo Terras de Trevinca, o menú do xantar tamén incluía patacas, grelos, chourizo e soá. De postre as tradicionais orellas de Entroido, viño, café e licores. Todo, elaborado e servido por Mantesil.

Máis fotos: https://osil.info/desfile-pasado-auga-na-veiga/

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button