Galerías de fotosÚltima hora

Unhas 600 persoas no Magosto da Rúa

A partires das sete e media da tarde daba comezo o magosto na explanada da estación de autobuses da Rúa. Ao redor de 600 persoas participaban nesta celebración tradicional que ten como protagonista a castaña. Ademais tamén se servían bolos preñados de chourizo (600 en total), xunto con auga e viño. O magosto, que contou tamén coa animación musical da Agrupación Abertal, foi organizado polo Concello da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button