En portadaSanidadeÚltima hora

Unhas 600 persoas serán citadas o luns nun cribado de Covid en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras levará a cabo o vindeiro luns 12 de abril ás 15h. un cribado poboacional selectivo aleatorio no municiio de Carballeda de Valdeorras.

Están citadas unhas 600 persoas (entre 18 e 74 anos) no pavillón polideportivo de Sobradelo, ás que se lle realizará unha proba PCR, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Nestes momentos, Carballeda de Valdeorras rexistra 7 positivos, segundo os últimos datos. A incidencia acumulada neste municipio sitúase en >125 e ≤250 nos últimos 7 días e en >50 e ≤150 a 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button