SanidadeÚltima hora

Unhas 733 persoas acoden ao cribado poboacional de Covid en Sarreaus

Deste xeito participaban un 78,8% dos veciños citados para realizar a mostra, segundo Sanidade

 

Neste martes 8 de decembro vén de desenvolverse dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco un cribado poboacional de Covid-19 na busca de asintomáticos e co obxectivo de coñecer o grao de transmisión neste municipio. Facíase no pavillón polideportivo, entre as 10h. e as 18h. Das 930 persoas citadas para realizar a proba PCR, acudían un total de 733, o que supón un 78,8% de participación, segundo a Consellería de Sanidade.

Para a realización deste cribado contábase coa colaboración do Concello de Sarreaus, de Protección Civil e da Garda Civil. Dende o Sergas amósase o seu agradecemento pola resposta da veciñanza e tamén ao Concello.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button