Entroido 2022OurenseÚltima horaVídeos

Unhas 800 persoas desafían á chuvia no Folión do Entroido en Barbadás

 

A avenida de Celanova da Valenzá foi un ano máis o escenario do Folión de Entroido de Barbadás no que unhas 800 perosas desafiaban á chuvia na tarde dese martes 1 de marzo.

Encabezado pola carroza ‘Bicos no vento’, con 60 membros, que non entraba en competición, no desfile puderon verse diferentes temáticas distribuídas en parellas, individuais, tríos, comparsas e carrozas.

 

 

Tanxugueiras estiveron presentes en tres participantes diferentes e ademais participaron ‘Bicos no Vento’, ‘A Toreira das Pipas Facundo’, ‘Non máis té’, ‘Eu só licor café’, ‘Poseión e Nereida’, ‘As Sereas’, ‘Maddy e Max’, ‘Avatar’, ‘A Batalla de Pandora’, ‘Os Vikingos da Reciclaxe’, ‘Familia Feliz’, ‘A Idade da Pava’, e ‘Fillas do Lume’. Todos participantes no apartado de parellas e tríos.

 

 

Na categoría de comparsas estiveron ‘O Colmear da Finca Fierro’, ‘Voltan os de sempre’, ‘A Foliada das Lamas’, ‘Policía Local de Barbadás’, ‘Defendendo o Noso Concello’, ‘Trogloditas’, ‘Luces e Sombras’, ‘Asociación Centro Comercial Aberto de Barbadás’, ‘Noivas á Fuga’, ‘A Lareira do Tío Pixiñas’ e ‘As Catro Estacións’.

Tamén participaron as carrozas ‘Air Lolailos’, ‘Art-Landia’ e ‘O Gran Circo’.

 

 

A ambientación musical correu a cargo de Batucada Brassica Rapa e a charanga Os Percutores e ademais dos efectivos da Policía Local de Barbadás, colaboraron na seguridade e control do tráfico as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Barbadás, Baños de Molgas, Cortegada, Toén e Xunqueira de Ambía.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo: Loli Sanfer.

Premios Entroido Barbadás 2022

 

 

Artigos relacionados

Back to top button